Páxinas

jueves, 12 de marzo de 2015

12+1 formas de promocionar túa marca con Pinterest

12+1 formas de promocionar túa marca co Pinterest

Pinterest continúa a ser unha das Redes Sociais en expansión e mais populares debido ó éxito que teñen os contidos visuais, e por esta razón moitas empresas están a traballar duro para que sua empresa destaque nela.
Pola contra, outros negocios pensan que non é necesario ter unha conta nesta plataforma social, xa que solo consiste en publicar fotos dos productos, sin valorar que unha das grandes ventaxas que ten esta Rede Social é o incremento de visitas hacia as tendas e sitios web das marcas.
Como media, as usuarias do Estado acceden a Pinterest 2.5 veces a semana, e adican a esta Rede social unha media de 2 horas e media semanais, según o estudo de IAB.

Neste artigo vas atopar 12+1 formas para promocionar túa marca no Pinterest.

#1 Verifica a túa conta

Podes crear unha conta de empresa ou convertir un perfil que xa tes creado directamentge dende o apartado Pinterest para Negocios.
Unicamente as contas verificadas teñen acceso ós apartados de analítica, onde poderás atopar información estatística do comportamento das túas usuarias cos teus pins. Ademais as contas verificadas teñen maior visibilidade nos resultados de busca.

Pinterest pequeno comercio

#2 Inclue etiquetas de Precios.

As usuaras non só percuran ideas creativas e inspiradoras, senon que tamén están dispostas a mercar aqueles productos que son do seu interese.
Asegurarse de incluir unha etiqueta de precio nos pins que creas ou repineas obteñen mais "likes" que os que non os teñen.
Esta rede crea mais tráfico de referencia (suxerencias) que a suma de moitas outras redes sociais.
Debería ser obxectivo de calqueira marca dirixir todo o tráfico posible a súa web, e convertir cada visita en compras dos seus productos ou servizos.

#3 Usa o enlace do teu Pin

Hai dúas maneiras de publicar teu pin (imaxe) no teu taboeiro.
A primeira é subir a imaxe como en calqueira outra Rede Social, e a segunda, que é mais rápida e cómoda (e tamén mais eficaz) consiste en publicar túa imaxe dende a túa web usando o botón "Pin It". (para usar este botón primeiro tes que instalalo - Axuda do Pinterest: Cómo instalar o botón Pin It no teu navegador -

Retroalimenta túas publicacións: Dende o teu taboeiro de Pinterest apunta ó post do teu blogue; dende a túa web apunta ó teu taboeiro en Pinterest. (Iso é o famoso 2x1)

#4 Inclue teus Pins na túa NewsLetter

No caso de que teñas unha Newsletter (boletín de novas), aproveita para amosar os teus mellores pins.
¿Cómo? Insertando unha captura do pin (ou poñendo o orixinal) e engadindo nela un enlace o taboeiro que estés a promocionar nese momento. De ese xeito, quen faga click na imaxe será dirixido ó teu taboeiro, e posiblemente consigas que naveguen por el para ver que mais tes.
Si ademais inclues unha chamada á acción (Pinea isto, partilla isto) pode ser que consigas unha difusión adicional coa que non contabas. 

#5 Inspirate:

Podes atopar os taboeiros mais interesantes (mais seguidos, con mais me gusta ou mais repineados) para o teu eido  usando a ferramenta de balde Pingropie para atopar as persoas e fotografías preferidas pola audiencia.

comercio local, redes sociales

#6 Crea Pins e taboeiros para ocasións especiais


Lembrese de que a xente non ven só a Pinterest para navegar, eles veñen para facer a compra en Pinterest. O 93% dos Pinners compraron en liña nos últimos 6 meses, segundo datos de Nielsen.

Comscore tamén descubriu que as mulleres no Pinterest son un 30% mais propensas a facer a compra ou mercar en liña que a media das mulleres que usan as canles sociais.

Moitas empresas con perfil no Pinterest entenden que as persoas marcan como favoritos Pins para mercalos mais tarde. Wayfair.com descubriu que os Pinners gastan un 50% mais, como media, que as usuarias de outras canles sociais.

Por estas razóns, ter taboeiros adecuados para cada momento especial pode dar un bo empuxe ó teu negocio.

#7 Promociona túa páxina do Pinterest

Ademais de usar temáticas divertidas e atractivas que se adapten ó momento actual (vacacións, tendencias, días especiais...) axuda a destacar túa presencia con promocións cruzadas nas outras Redes Sociais, para que a xente coñeza tamén teu perfil no Pinterest.
  • Menciona teu perfil no Pinterest nos teus correos electrónicos.
  • Publica fotos do teu pinterest no Facebook varias veces a semana.
  • Engade unha pestana coa aplicación de Pinterest á túa Fan Page.
  • Usa os botóns "siguenos" na túa web ou blogues.(Widgets de Pinterest)

#8 Enlaza túas imaxenes coa túa Landing Page.

Un pinner pode querer mercar algo inmediatamente, pero non sempre. Arreglate para que poida atopar un elemento para achegarse á túa tenda ou un lugar onde poida atopar mais información.
Non os decepciones con un enlace roto ou cunha páxina que non esté relacionada e sobre a que non poden actuar. Lembra pois vincular teus pins con algún lugar útil.

#9 Asegurate de que a experiencia móbil das usuarias funciona

O 75% do uso do Pinterest ocurre en dispositivos móbiles, de xeito que o feito de que funcione ou non pode supoñer a diferenza entre unha compra ou que a clienta desista.
Prema nos seus pins dende distintos dispositivos para ter unha noción clara de como os Pinners perciben seus taboeiros.

#10 Pinea imaxes útiles

As persoas gostan de usar Pinterest para aprender e conseguir seus obxectivos e intereses. Si os Pins son informativos e útiles acadan ata un 30% mais de seguemento que os outros.
Para facer un pin mais informativo proba a engadir consellos, instruccións ou how-tos (cómos).
Tamén pode ser unha boa idea xogar co uso de algún texto dentro da imaxe que axude a describir rapidamente o pin.

#11 Ten bo gusto cos teus Pins

Estate atenta a como inclues o texto e os logos nos teus Pins. En xeral as visitantes de Pinterest son recelosas cos pins que parecen mais ben anuncios, polo que debes evitar non falar mais que da túa marca, e non facer que o teu logotipo apareza tan grande que lle quite o protagonismo á imaxe.

#12 Sigue á túa competencia

Esta é unha máxima que debemos aplicar en todo o noso emprendemento. A razón é obvia, é mais doado observar dende afora o que se fai ben ou mal, e en función do aprendido, aplicate o conto.
A maiores, se queres coñecer qué é o que mais atrae o teu público obxectivo, podes utilizar a aplicación Pinalerts.  Esta sinxela aplicación (en beta) configura alertas para cando alguén pinnea imaxes de algún sitio web, ainda que non sexa da túa propiedade.
Poderás de esta forma ver que é o que mais lle interesa ás túas clientas (ou potenciais), ademais de identificalas e descubrir entre elas interesantes creadoras de tendencias e influenciadoras.

#12+1 Engade valor ós teus taboeiros.

Non cometas o erro de centrarte na publicación de teus productos como si fora o frio escaparate de unha tenda sosa. Aproveita para dar valor á túa comunidade mesturando utilidade, inspiración e información do producto.
outra.

Conclusión

Pinterest é o lugar adecuado onde amosar de forma elegante e divertida teus productos e creacións, sendo por engadidura unha plataforma ideal para aumentar o tráfico da nosa tenda virtual, sitio web ou blogue.
Pinterest é unha rede en expansión, súas usuarias son maioritariamente mulleres e é unha plataforma ideal onde dar renda solta á túa creatividade e expor túas creacións a un público mais amplo.

¿Cál é a túa opinión do Pinterest? ¿Ten túa marca conta nesta plataforma social?
Deixa teu comentario e debatimos.
e... por favor, se gostache deste artigo, ¡ Partillao!!!



Para saber mais:



Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons  
12+1 formas de promocionar túa marca con  Pinterest  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post, no  grupo "Aprendermos" do Linkedin,  no Grupo eMarketing Portugaliza de Google +.

No hay comentarios:

Publicar un comentario